Pesquisar este blog

quarta-feira, outubro 09, 2013

Trebón da vida

O tempo no que os outros calaban
era un de vagar tristeiro, ciumento
nos días escuros, chuviosos, de outubro.
Aquel tempo parecía o tempo do loito
de tres anos e medio das viúvas
que non podian ir á misa vestidas
coas flores todas da primavera.
A vida pasa e a lírica pode ser
tamén
trebón da vida.

Nenhum comentário: