Pesquisar este blog

quinta-feira, março 05, 2009

A terra destino universal

Esta noite os sonhos de moitos
están afundidos cunha áncora
atada as mans de milleiros de persoas.
Esta noite hai xente suicidándose
entre as devesas e os montes,
nos regatos e nas lameiras de primavera.
Esta noite a terra cheira a vermes,
Esta noite hai xeonllos inundados en regos.

A terra é un destino universal para nós,
fillos da suor e da carraxe.
A terra é un destino eterno e preferente,
tradición e modernidade a ela nos une,
non podemos pois renunciar nin por vontade
a sermos fillos decepcionantes desta terra.

A terra din algúns, nosa, pero certo é
que tamén é moitas veces, deles.
A terra é destino dos nosos osos.
Nosa é... ou somos dela?
A terra é un destino universal.
Sempre a terra nos ha de colocar
onde sempre debimos estar.

Um comentário:

O Garcia do Outeiro disse...

O nosso lugar é a extinçom de seguirmos o cego caminho a nengures que apenas lucra a umha pequena casta sacerdotal/económica que dirige o rabanho e através da televisom nos di como devemos ser, como temos que pensar, etc. Pouco podemos fazer nós, os inadaptados, parodiando a obra de Risco, como moito compartilhar as nossas angúrias e parabenizar-nos por nom ser ainda um produto televisivo mais. Neste sentido, parabenizo-te mais umha vez polo teu texto.

Umha aperta irmandinha companheiro