Pesquisar este blog

quinta-feira, setembro 17, 2009


Non me fagas
dormir soa
agora que me acostumei
á calor do teu corpo.
O teu arrecendo
segue nas miñas sabas
e nos meus sentidos.
Espero a túa chamada
na soidade
da que me fixeche escrava;
esa feliz dor
sempre presente ,
esa vertixe continua
e sosegada,
mal de namoramento.
Caín
mais deixa que sexa eu
a que me erga
soa
para cando ti
xa non esteas
ao meu carón.
Hoxe todos os recordos
caíron dende o balcón
do meu ático
esnaquizándose en anaquiños
e cravandose en todos os poros
do meu ser
formando xa, parte de min.
A miña música énchese de tristura,
de profundos sostidos
que me esnaquizan,
de tonalidades dilatadas
e cadenzas prolongadas, sostidas, rotas...

3 comentários:

Raíz Verde disse...

A música das verbas e dos coraçons que latejam disparando ritmos, a música máis verdadeira que nom pode encerrar-se nos sons nem nas partituras!

O Garcia do Outeiro disse...

Já levava tempo sem desmembrar-me um prazer ler as vossas achegas

A Conxurada disse...

Fermoso, coma sempre.