Pesquisar este blog

quinta-feira, janeiro 28, 2010

Retro

"Cando morra hei de chamar a Deus en voz baixa
por medo de mancalo cos meus beizos"
Manuel María Fernández, Poeta Nacional



Ás veces viaxo a terra da area
e atopo alí mil grans que se enrabechan nos meus pés
e agardo a que a auga da primavera os refresque,
que apague as brasas que o tempo prendeu.

que facil é, contentar a un neno,
dirán algúns, que fácil é.

Cando son novo e me abandona a reuma
que conxela da cabeza aos pés
ando de novo caminhos entre xestas e piñeiros,
vou máis alá da abelaira e baixo, libre, libérrimo
cara a parediña onde a auga corre ceiva
e as pantasmas das vacas pacen en paz e harmonía.

Canta facilidade, dirán algúns,
"deixando que os nenos se acheguen a min".

E vou alí e sentome na porteleira aberta
e fito o instante... as árbores, a auga, as pedras, as paredes, camiños...
O mundo enteiro para min,
o paraiso eterno chegando a min.
Lembro sempre...
e que fácil é contentar a un neno,
cunha fogueira a arder,
e sempre lembro aquelo de que
"o salgueiro arde sempre aínda que sexa inverno"

O meu tio Benigno Alberto,
feliz el e limpo de corazón que está vendo a Deus.

3 comentários:

AFP disse...

Gostam-me as linhas narrativas que bosquexas no poema, assi como o verso final. Vemo-nos na Rolda, umha aperta irmandinha.

Bolboreteira disse...

Fermosas verbas! A min deixoume sen nada máis que decir.

Un biquiño

Maribel-bel disse...

É sencillo contentar os nenos e os vellos, pola sua xenerosidade. A mirada deles "ainda que sexa inverno" recorda o sol máis grande e afectivo. Apertas