"E tamén, lentamente,
con voz do noso tempo
falar da dor dos homes que nos miran,
dos latexos de chumbo nos ouvidos,
da mau atada á roda dos motores
decindo adiós ao fumo
que rube dos tellados tristemente."
con voz do noso tempo
falar da dor dos homes que nos miran,
dos latexos de chumbo nos ouvidos,
da mau atada á roda dos motores
decindo adiós ao fumo
que rube dos tellados tristemente."
Celso Emilio Ferreiro, Eu quero ir a lugo,
Longa noite de pedra, 1962
Terra a miña
que volve da historia
a entregarnos en Cima de Vila
o doce aroma da paz.
Desde as carballeiras de Lugo
ás azuis costas de Ortegal...
Terra a miña.
Que polas súas corredoiras corren
pantasmas de nenos que un día foron
fillos de ninguén.
Nenos loiros cando quero ir e vir
a través do teu corazón ás túas mans.
E vou a Lugo poeta amigo, Xosé Terra.
Terra a miña
de vales e faros
noites de luar
onde discorren
as bágoas llos risos
os éxodos llas colleitas,
onde podo ver esta noite prateada
o doce aroma do hoxe e do maña .
Terra a miña
Onde atoparme cos meus mortos
en confomidá!
-Quería subir con este poema un comentario que un día escribiu aqui moi fermoso o garcia do outeiro sobre o monte faro que é a "voz que ecoa" mais non o dou atopado... Mais estaría ben se o atopades o escribades nos comentarios outra vez :D
Um comentário:
Eu se mo permitides achego um poema que figera a Santa Cruz de Viana e que pode ser complementar:
http://desmembro.blogspot.com/2009/10/santa-cruz-de-viana.html
Postar um comentário