"Seica somos pr'esto
e señamolo pois
mais...
sin tender pontes en demasía longas
unha ponte... há chegar xusto,
dunha beira autra!
na que... se recoñeza a cara dun home"
Uxío Novoneyra, Galiza Teima Viva.
Se te aburres búscame
en Cima de Vila
aqui estou deitado
no soutiño vendo
soñar
ás follas de outono c
o verdor da
primavera.
No meu peito quero gardar
a voz da
ponte de areas
a soñar dunha beira autra con
recoñecer
a cara dun ninguén, coma quen dí,
o labrego vello que cava mornamente
unha terra brava e mansa, agradecida.
Se queres soñar comigo
escoita ao tren rumbo a monforte
e ao río pasar cara peares
alí, alguén, agarda tecendo cinzas
pola nosa rosa dos ventos
polo noso amor adoecido
polos bicos que inda non lles demos
aos que amamos, os que nos valeron (papá)
os que constrúen esta historia dos bos
e xenerosos.
Cepas ho! da ribeira, estacas atarecidas
enclavadas por maos que as chantaron
rexas e ergueitas tal frontes quentes
e bocas suspirantes.
Como se foramos nós
de sermos que somos irmao,
Grande irmao boa xente
falando deica o mencer
mentres alguén se limpa ca mao.
Se ves a Cima de Vila
hai aquí unha cea de matanza
e unha
partida a agardarte...
Soños de home novo
a agardar... nas follas de outono.
A meus irmaos César Carvalhude e Inma Castro, que celebran a esta hora o seu aniversário en Compostela. Vaia para eles este pequeno agasallo. Umha aperta!
3 comentários:
Obrigadinho Gorgue!! Já sabes que faltavas ontem aqui, mas também é certo que nom há tardar em haver outra confraternizaçom... Abraço
Mesmo sendo a dedicatória tam directa e clara nom podo negar que me sinto (imagino que o mesmo que todas as manas) um bocadinho lá dentro. Grande poema, ultraísta acho, mais focado nas emoçons do que no conteúdo mais "visível". Fundos abraços!!!
Moitas Grazas!!!! que artista!! e eu que me sinto como Hepburn en "Desayuno con diamantes"... Graciñas de novo, amigo, por te acordares de min. Deches no cravo, porque os detalles pequenos, como un poema, unha canción... son os máis GRANDES!!! Moitos bicos!!
Postar um comentário