Pesquisar este blog

quinta-feira, março 01, 2012

Entre o vento do nordes ven o teu alento...

Estou aquí, estou vivo
no tempo me contaxio
no espazo me embalsamo.
Entre a pedra llo tizón
Entre o sol llo chán ribeirao
e deixo que a min veñan se quer
as cousas todas
os soños incertos da túa primavera
a respiración tranquila e teimuda
no vento do nordés.
Non me importa
eu deixo chover, deixo que chova
non penso na estética
tampouco na rima ou na métrica
simplemente deixo vir
cara min entre as cousas todas
que veña cousa calquer que sexa
a que me queiran facer.
Pois seica presto somos
para vir ver beber viver.
Bibe, Vive seica,
deixate logo querer...

Um comentário:

Heutor disse...

Eu preciso qualquer métrica para ser poético, nom tenho a tua habilidade, caro mano. Contodo nom creio que seja assim fácil cantar à vida, e de facto sustento que o que se canta, antes de mais, é a nom-vida. Desde o respeito absoluto (nem faz falta dizê-lo) vou che ir à contra nalguns pormenores em que nom coincido contigo, como é que acontece entre democratas convictos. Um milheiro de abraços