Pesquisar este blog

sábado, março 24, 2012

In crescendo


Sobre a beira da estrada
Hai umhas herbas a prender
Unhos coios as arrodean
E baixo elas finíssima area
Non de praia nen de mar
Case nen de regato pequeno.

Patalexa entre todo este diverso
Unha formiga dessas de cú roxo
E poutas de tesoura.
Grandes insectos crem que pequena
Jantar ou cea divisan, anhelam.
Hai cando a formiga erga suas antenas. 

Nenhum comentário: