Pesquisar este blog

sexta-feira, novembro 28, 2008

Días intensos

Pois aquí estou de novo, tinha este blog abandoado. Seica tenho grallas ortográficas, cometo erros no que fago. Coma todas e todos nós. Fago metáforas onde non as hai, pero o outro día había manchas de pintalabios no meu cuarto polo chan. Tamén ollei unha libreta vella con frases de inglés ao espaÑol que non era letra da minha nai. Alí había frases de amor, pistola, policías.. Debeu ser unha tal Aurora que estudara inglés coa minha nai hai tempo. O caso é que eu durmo tranquila e minha nai e meu pai non. Son días moi intensos. Calquera me puido facer mofa, pero foi curioso. As manchas do pintalabios esváense e non pasa nada. Meu pai non lle deu moita importancia, mais a súa face reflexa a súa inquietude. Lévome ben con eles, agora, pero vivín moitas cousas aquí. Demasiadas como para esquecer todo de súpeto.

A libreta e as manchas vinas ao voltar de facer uns recados e de ir na procura da minha avoa do centro de día da AFAMO. Pila, está mellor, logo de estar no hospital aquel día e apenas moverse xa se vai recuperando. Non anda ben, ten que ter sempre unha persoa ao seu lado que a queira e a coide. Meus pais sempre me transmitiron esa solidariedade coidando dos avós maternos e paternos. A vellinha, ten parkinson dende hai máis de 30 anos. O outro día contoume historias da aldea, da escola á que foi pouquinho tempo, do baile.. Pónholle musiquinha e bailo ao son dunha nena entre as vagas do bambán. Canto algho desafinado, mais ela agradéceo. Algún día, cando se ponha mellor iremos ao lugar de onde é, onde fican algunhas vacas.

E eu sigo agromando malia a enfermidade imposta ou a estupidez, hehe. Onte, veu unha amigha e alegroume o serán. Hoxe puiden ir de contacontos e foi moi fermoso estar entre nenas e nenos contándolle un conto dun verme que levaba no lombo unha xoaninha, unha tesoirinha... Atopaba unha pulgha, un pulghón na viaxe do limoeiro ao laranxeiro, atopaba unha eiruga e remataba cunha bolboreta ben fermosa.

Nenhum comentário: