Pesquisar este blog

domingo, novembro 23, 2008

Poesía para un outono

Resucitaremos,
algún domingo á noite envoltos na súor
da nosa bricadeira, da nosa excitación.
Seremos tarde ou cedo
artesáns dos nosos sonhos máis escuros e profundos,
moi ao noso pesar, moi a pesar dos que nos aman.
Teremos que pagar a peaxe da nosa ousadía creadora
ou quizais xa a estamos pagando
arredados como estamos da luz portatil
coa que todos se miran o embigo na caverna.
Sí, Resucitaremos cando o noso reino
non sexa nunca máis de ningún mundo.
Cando a nosa patria se extinga comesta
dos lobos que arrecian ondas contra o noso minifundio.
Resucitaremos algún día,
detrás das ramas das xestas amarelas
afiando os dentes para a progresía férrida.

2 comentários:

O Garcia do Outeiro disse...

para além da alta qualidade dalgumhas composiçons aqui verquidas, resulta-me moi interessante o facto de terdes composto um espaço virtual literário compartilhado e respeituoso com todas as propostas ortográficas, algo inusual e difícil pola reticência geral da gente de compartilhar as suas expressons literárias... Umha aperta irmandinha e seguide polo bom caminho

Anônimo disse...

Gustoume o texto, estou dacordo co Garcia.

Un beixinho (con nh), hehe!

Alba Bidueira