Unixénito:
Berras nas inguas miñas un tócame
Nunca fuxín de ti, luxuria doce.
Pérfida dor de libélulas tinxidas de negro nácar.
Preciso unha saída, unha amputación
á Salvaxe burla dos anxos calados
Eu: dacriocistectomía.
Pancreática dor dos convencionalismo firmes
Nunca etéreos como o meu maxín de ida e volta.
Escribín unha poética da dor
para marcar o camiño da miña redención.
....
4 comentários:
Estou seguro de que esa poética da dor che concede essa redençom q tanto desejas!
Fermoso poema :D
Dende logo é a poética a que me dá o acougo....polo menos na maioría dos casos. Obrigada.
Non é común a impresión que me causan estes textos , deixan un poso diferente. Un sabor acedo ?. Tal vez xurdan do desacougo ?
Fermoso corazón o que hai detrás destas verbas. Cun gusto, que é sensual, cunha mente que é rebeldía. Non sei teño absurda impresión que nin gusto nin mente escriben aquí. Quen é o protagonista ? A alma? Onde está “agachada” ?
Unha aperta.
André Maurois
Sublime, umha aperta irmandinha
Postar um comentário