Cando te vas enriba de min
o teu ronsel quente cálmame
a túa satisfacción faise miña
desgastada como unha árbore cansa de clorofila.
Puntas de satisfacción mesta en vírgulas de paixón
só provocada cando a masturbación é a dous.
Ceavoga:
Como un beatnik preso da súa propia regra:
ningunha.
Coas túas sacudidas soñei,
embriagada en horizontal
Perdida no desexo, por Nós cega.
4 comentários:
Mui rupturista, gostei desses contrastes entre estrofes e, sobretodo, no Sonho em horizontal.
Umha aperta irmandinha
Encantou-me!
sensual a gráfica, profunda!
Encantou-me!
sensual a gráfica, profunda!
Obrigada a ambos.
Postar um comentário