Cen veces, repetiu
Por Deus, parade esta guerra
non teño autoridade, mais é unha orde
Por Deus, parade esta guerra, ordénovolo
Dúas balas; unha, no peito, dende o campamento
inimigo
Outra, nas costas, dende o seu campamento
Crebaron o grito da súa gorxa
coma nun lamento entrecortado
Por... Deus... parade..es...ta... gue...rra
Ordénovolo.
2 comentários:
Hai vezes em que a luita é necessária por umha questom de patriotismo e independência. Um home soberano deve luitar por sí própio aínda que nom o deseje.
A "moraleja" desta composición pretendía ser a seguinte :
O home que quería acabar coa masacre, foi asasinado, ao mesmo tempo, polo exército inimigo e polo seu exército.
En realidade, ningún dos dous bandos quere a paz.
Apertas.
Postar um comentário