E caes así, de repente
en forma de pesadelo
coma toneladas de cínica indiferencia
no meu ser
Chove
Arrástrome pola rúa
coma un can desganado
mirando ás cadelas en celo
coma se fosen porcelana gris
nun escaparate calqueira
Mal raio parta a esta nada de medianoite
á mirada taciturna da vella enrugada
fitándome dende o vidro húmido
ao run-run das voces nocturnas
e ás gargalladas de muller, alá ao lonxe
borrachas de viño e do mel da vida
Chove
E caesme así, de repente
en forma de pesadelo
Um comentário:
lémbrame a unhas mùsicas que falaban duns calzóns de Calvin Klein e do sexo a posteriori do triunfo.
Postar um comentário