Pesquisar este blog

quinta-feira, outubro 14, 2010

Macramés, Parcas, Musas e orgasmos.

Tecendo un macramé sexual no que as túas sacudidas son o compás da labor, os fíos de cores son os xemidos afogados e a vergonza non existe: fiquei sen pudor.
Parches de nicotina con sabor a orgasmo, ese orgasmo que tanto tentas procurar en min (iluso) e que só de min depende.

Preciso unha muller que osixene o sexo. Demasiado tempo impregnada de olor a home. Quero a Safo outra vez do meu lado.
Preciso uns labios femininos pousados nos meus.
Preciso unha lingua feminina pousada no meu clítoris.

As Parcas nos meus soños.
Musas de Dioniso no meu ventre.

Fuxe de min antes de que coa miña franqueza desfaga o teu ego masculino.

5 comentários:

Foma Fomitch disse...

O ego, ese gram gem autodestructivo de todo o que toca. Mas como reprimir esse instinto?

A Conxurada disse...

Aínda que o intentes reprimir....ao ser un instinto, tarde ou cedo remata por saír.

O Garcia do Outeiro disse...

Os instintos tentamos reprimí-los pola cultura, mas nom é essa cultura a que nos impom o rol que como homens devemos desenvolver? Aí o drama e a contradiçom do home que quere libertar-se do sistema patriarcal, onde também alguns homes som vítimas e nom apenas os homossexuais.

A composiçom fai-se-me difererente, umha mistura de prosa poética e verso. O conteúdo coma sempre muito sugestivo.

Diego Taboada disse...

"Parches de nicotina con sabor a orgasmo, ese orgasmo que tanto tentas procurar en min (iluso) e que só de min depende"

XD

Jajaja.

Parabens, Ana.

A Conxurada disse...

Garcia, estou totalmente de acordo contigo, de feito moitos homes están inmersos nese sistema patriarcal porque unha muller (a súa nai) o cultirizou dese xeito. Non hai nada que facer mentres nós mesmas non actuemos en consecuencia.

Diego, obrigada ;P