Pesquisar este blog

quarta-feira, outubro 06, 2010

Self-esteem

Si, ti xa sabes
educáronme no medo

O meu corpo treme
cando pide autoestima

Si, ti xa sabes
son fillo de emigrantes
ir e vir, ir e vir

Sentirse un ningures
en cada curruncho do mundo
é sentirse alguén no universo

Ti xa sabes
o que iso significa

Non ter últimas verdades
non ter certezas
non ter máis que a incertidume
do camiño

Non me pidas, entón
que fale a linguaxe dos anxos
todavía sinto a digna rabia
dun adolescente confundido

Ti xa sabes, si
o que esto significa

2 comentários:

Anônimo disse...

Abofé que o sí.

AFP disse...

Afinal o home é incertezas, o medo está presente sempre em cada mudança que tem que enfrontar, é consubstancial ao home... Tanto que o medo a perder a comodidade e o conhecido o fai esquecer-se muitas vezes dessas crianças, mulheres e homes que sofrem no seu mesmo tempo histórico, que nom vital, ainda que a milheiros de quilómetros de distáncia. A auto-estima é necessária para sermos humanos, a solidariedade muitas vezes fica derrotada polo medo. Vejo-vos muito inspirados a Jorge, Ana e mais ti. Excelente!