Pesquisar este blog

sábado, outubro 23, 2010

Volver

Volverá crecer a herba seca
volverá o home á terra
como volven atrás a mirada
os suspiros

A terra que ule
a terra sementada
a terra mollada
con eterno capricho
de humana esperanza

Volver, como volve o infinito
a volver amar de novo

Volver, como volve o desexo
a desexar de novo

Volver, fuxir da nada
deixar atrás o eterno presente
coa humana angustia
dunha viaxe ao descoñecido

3 comentários:

Foma Fomitch disse...

eu sempre preferín "medrar"... arroutadas...

O Garcia do Outeiro disse...

Pareceu-me muito interessante este poema, tanto pola variante temática como pola forma que lhe das onde parece que se identificam duas partes numha sorte de diálogo. Parabéns.

Diego Taboada disse...

"Volver" tamén fai medrar, é coma manter a raíz ben chantada na terra, e logo, partir de novo.

Apertas