Pesquisar este blog

segunda-feira, dezembro 05, 2011

Welcome to Europe

A liberdade destruída
dixo Celso sona a máquina
cheira a sabor metálico
na lingua e nas gorxas.

As feras da selva
ruxen alleas ao contrato social
furan, soplan, resoplan, recantean.
Teñen un nome aterrador.


A liberdade destruída ouvea
nas gadoupas dun gato de ollos negros,
nos seus miaños adoecidos
pola propulsión dun dedo no gatillo.


A liberdade destruída crea
potentes patentes de máquinas
desde unha natureza erma
que descoñeceu sempre o pacto social
a civilización ou a moral.
Non coñece o credo
os centros comerciais
onde van as señoras de ben.


O tempo conxélase
crea
de gatos taladros
de mofetas disolventes
de leóns coitelos
de homes escravos.

3 comentários:

AFP disse...

O final do poema é bestial, gostei muito desses versos finais que condensam e dam novo impulso a toda a composiçom.

AFP disse...

Voltei lê-lo hoje e ainda gosto mais dele que outro dia. O seguinte da Folha de excel acho que propus para revista "Revolta Irmandinha" não sei se che chegou. Parabéns

J Cima D Vila disse...

Já vim irmão, obrigado pola honra de me incluir na revista e parabéns por um magnífico trabalho que não sempre se ve pero q é enorme!