Pesquisar este blog

sábado, junho 15, 2013

Poema con banda sonora

Quizais Babel somos
dun xeito invertido
tirando ao noso inferno
xunto ao mar e o río.

Pacendo infames ventos
que deitan os nosos sonhos
que aloumiñam o noso peito.

E sen sabelo quizais
tecemos unha e outra vez
coitelos suicidas na pedra de afiar,
no padal dos bicos soñados
onde nos agarda o anceio
de unha cegura mellor...
máis branca, máis letal...

Onde nos agarda un corazón
que aínda desexa latir
e un suspiro que respirar
e unha palabra que non falar,
unha trompeta que oír,
uns ollos que ollar,
unha copa que beber.

Quizáis Babel nós sexamos
Quizáis Babel sexa quen nos soñe
Quizais Babel aínda nos espera
a ti e a min, sen saber,
compañeiro poeta e redentor
dos amores perdidos e por perder
sen sabermos... Queda tanto aínda
ainda tanto queda por falar.
Tanto por bicarnos e é...
que eles non comprenden...
Nin ninguén pode comprendernos.


Nenhum comentário: