Pesquisar este blog

domingo, junho 02, 2013

(DES)SACRALIZAR


Dá-me uma pinguinha d'agua.
Para mollar a garganta.
Quero cantar como a rola.
Como a rola ninguém canta.


Cando serán as igrexas do pobo,
volta ás raíces coas que foran construídas
conformando a casa petrucial,
pedra da fraternidade,
sen relixión que o predique
nen evanxeos que nos salven?

Para abrigarnos do frío
temos pano ou monteira por bandeira,
para apagar a escuridade da tristeza
foles cheos e coros de rolas.

Esa será a salvación do noso corpo
mentres nos toque aturuxar na terra.


02/06/2013 no concerto de primavera do coro de Cántigas e Frores na Igrexa de S. Pedro en Lugo.




Nenhum comentário: