Pesquisar este blog

sábado, novembro 04, 2006

Lémbraste, os dous alí sentados oíndo mentiras,
Indiferentes ó automatismo daquela voz ninfrona,
Banhada a túa cara polo recen nacido lourenzo,
E eu cos ollos arregalados véndote durmir.

Acordas, aquelas guerras o redor a miña forma de pensar,
Aquelas poesías tristes, líalas con actitude sueca.
Os capiteis corintios que non quixeches ser.
E o bucle de Bécquer coma as follas de outono.

Os cigarros e cafés pagados con suspiros.
O éxtase de santa tareixa de Bernini.
Lémbraste, aquela promesa? Ti pintabas, eu escribía.
Todo na lista das promesas incumpridas, da morrinha dunha mentira.

Amencer

Nenhum comentário: