Pesquisar este blog

terça-feira, fevereiro 22, 2011

Dende o inferno

Dende o inferno
sen esperanza
sen futuro
agarro con forza a palabra
e re-existo coma un trono de luz
na máis absurda escuridade

Dende o inferno
maldigo
insulto
revólvome en improperios
asesinando deuses xa pasados

Dende o inferno
fago re-existir a vida
baleira de sustancia

Dende o inferno
moldeo a rabia
coma un alfareiro de baixos fondos

Dende o inferno, si, dende o inferno
chegarei a Deus
re-encantando a vida que me foi roubada

Um comentário:

AFP disse...

Emotivo e intenso, parabéns!