Pesquisar este blog

quarta-feira, janeiro 09, 2013

VERSO DE AMOR E DOR (profunda) *




"Como pasa todo
e volta pasar e repasar 
co seu xesto cansado e aburrido".
Os lonxes do solpor, Manuel María.

Coutar a morte na que vivo.
Morrer e vivir sen máis
cantas veces queira
ata que queira.

E así eu hoxe ODIO
en letras maiúsculas
AMANDO en outras
non menos pequenas.

E choro e río. E vivo e morro
e non por eso deixo de ser.
Así.
De ser. De ser eu, hoxe.
E de querer vivir,
inda que morra.

*Verso de amor e dor: por min, por ti, das psicólogas mozas sen traballo, da dor profunda...

Nenhum comentário: