Pesquisar este blog

quarta-feira, julho 15, 2009

Egolatrías

Cabalguei espida en ti
Burlei convencionalismos alleos vestida en desexo
Ás veces impórtame o que sentes,
na maioría dos casos só importo eu e o meu clítoris.
Vírgulas entre os xemidos
exportadas sempre ao íntimo cromatismo.

Os seos desartella a lúa:
Ti en Min
Eu soa no orgasmo.

A miña feminidade entre as pernas: MENTIRA.
Na vulva un segredo de mestas verbas húmidas.
Ti: o amor (sempre en minúscula).

Biquei o mar cos meus peitos firmes polo frío,
frío da soidade que me provocas.
Nós: unha illa que se desintegra.

Badaladas a morto na confianza que depositei na vida,
mentiras cubertas de desexo... quero máis, quéroo todo.

Un prostíbulo de sentimentos entre as túas sacudidas,
unha doce compañía entre os nosos futuros niños.
Serenidade.
Soñaba cunha terra de praceres mercados e regalados
no que eu sempre era pracer e no que ti sempre eras eu.

3 comentários:

O Garcia do Outeiro disse...

Por fim de anima-ches! Bem-vinda, e vejo que começas pisando forte. Umha aperta irmandinha

Raíz Verde disse...

fermoso, moi sensual! gostam-me muito as images do poema. A calidade reverte em cada letra.

Venham muitas máis!!!

A Conxurada disse...

O Garcia do Outeiro, sei que tardei...pero aseguro que foi por razóns alleas á miña vontade.

Raíz Verde, obrigada, virán máis, non sei se boas ou malas, pero haberá máis post.

Apertas aos dous.