Pesquisar este blog

sexta-feira, julho 16, 2010

Hope

A pesar do rumor da multitude
e das miradas, anónimas, curiosas

A pesar do ruido incesante
nas xunglas de cristal e fume

A pesar das voces
que entran e saen, freneticamente
posuíndome sen espacio e sen tempo

A pesar das palabras
que parece que enchen
e enton van, as moi condenadas
e esfúmanse coma palla seca

A pesar do recordo
que retorna, terco, insistente
traendo nostalxias e ausencias
a mares

A pesar dos pesares
baixo sorrisos forzados
e consolos inútiles
para agrado de imbéciles

A pesar de todo
de non sei onde
e non sei como
naces do máis fondo do corpo

bisbándome

A palabra máxica
que ordea e empurra
a dirección do universo

... esperanza ....

2 comentários:

Raiz_Verde disse...

A esperança ó final creio que também acava voando cara o ceo como as demáis virtudes. Nom confies muito nela.

Diego Taboada disse...

Non confío nela, síntoa. Necesítoa. É algo telúrico.

Por certo.... sinto moito o de... xa sabes.

Ánimo, e forza.

Apertas : Diego.