Cando o pánico asalta de novo
e imaxino a túa mirada, doce e serena
coma un rumor de ausencia
nun aquí e agora
Cando a gratitude infinda
da túa paciencia de nai
supera con creces
calqueira amor concebible
Cando a túa ausencia faga
sentirme débil e vulnerable
e a túa voz sexa tan sabia
coma o rumor do río
e o tempo das túas miradas
Cando non alcanzo a entender nada
nin do divino, nin do humano
e o teu rostro aparéceseme
coma un consolo
de coñecimento impotente
Cando, ao fin, obsérvome
e vexo en min o resultado
da túa laboura de artesá
A miña ira, o meu amor, o meu medo
o meu odio, a miña anguria
Volven ao misterio
do neno que deixache ser
e do home que agora son
Nenhum comentário:
Postar um comentário