Caen raios de sol, coma fío dourado
entre verde e mesta espesura
O corpo respira pureza
lonxe de histriónicas xunglas
de cidades miseria
orgasmos de fume
e frenesí urbano
Paraíso perdido e perenne :
voltar e recuperar o desexo
voltar e recuperar a orixe
E logo coller a maleta, coma un idiota
coa rabia nostálxica do exilio imposto
2 comentários:
Venhem moitos exilios, a cada paso pior.
Moi bo.
Mudei os dous últimos versos, para non provocar o efecto "corte" no recitado. Así, mellor.
Pois si, razón tes : esta sociedade non provoca máis que exilios e desarraigos perpetuos. Chegará un punto no que reclamar o dereito a ter "raíces" será constitucionalmente prohibido. Está ben voar, pero sen saber onde teces o teu niño, é caseque esquizofrénica loucura.
Unha aperta.
Postar um comentário