Pesquisar este blog

domingo, maio 23, 2010

O tempo e a rabia

Hoxe, chamoume o tempo

Trouxo imaxes e verbas
dun descoñecido

Balbuceos idiotas dun que creía saber todo
sobre o cando, o como e o porqué

Hoxe, si, chamoume o tempo

Díxome : che, compadre, deixate en paz

Empurra as verbas e os ollos cara afora
sinte o sol, o ar, a terra
o lene rumor da xente nas calellas
o corpo da muller desexada e innacesible

Sinte o rumor do río
a pezoña da vaca
pousando no chan
as lonxanas badaladas da igrexa
os queixumes patéticos dos cans vagabundos

Hoxe, si, chamoume o tempo

E os contos de paz e guerra
e a perenne eternidade
da estupidez humana
e o odio macabro
dos perseguidores de linguas
e o eterno retorno
das culturas-trincheira

Hoxe, chamoume o tempo
... e sentín medo ...
porque neste corpo mortal
todavía latexa

A rabia

Um comentário:

AFP disse...

Como di aquela música dos Habeas Corpus ficam-nos por vezes apenas a raiva e os sonhos:

http://www.youtube.com/watch?v=OMaTmGQDWQo