Pesquisar este blog

segunda-feira, novembro 26, 2012

Nada é nada


*Orixinalmente postado en Crónicas da Marxinalidade


Por veces o tempo vai tecendo palabras que non quero oir.
Son coma un maceteiro de prantas cautivas dunha terra ceibe
traída de por baixo dos carballos abonados de follas secas
criadas tal ovellas da branca lá rapada na cautividade da aldea,
liberada sempre, nunca cautiva que o poder alí non chega.
Só cartas do censo, da diputación, do concello, de facenda...
E eu non quero escoitar esas cousas escritas nun papel branco
onde o tempo foi deixando o vestixio do que somos xa e nunca seremos
mais que para os números dun teclado e as súas letras no prato
de sopa dalgún ser que non humano probablemente chamado
dun nome de caste e clase, de estado, satisfeito: Funcionario.
E dicía un tal Gutxi alá en Chantada que moitos seres pouco humanos.
E fun aprendendo que mentres imos andando o tempo chega
para quedarse e dicírmonos que vivimos sós e facemolo alienados
que imos indo camiño do campo santo onde a herba medra
transitando desertos, matándonos, alimentando paixóns e miserias.

Nenhum comentário: