Teimaban, no seu veneno, os profetas da perenne verdade
dende altavoces de altos ministerios
dende comunicados de fumata blanca
Teimaban, no seu veneno, os profetas da perenne verdade
E todo seguía igual que sempre, a pesares de todo :
O amor que duda
A rabia, confusa e muda
O desexo, sen muller concreta
A ansiedade, na corda frouxa da incertidume
Teimaban, no seu veneno, os profetas da perenne verdade
coas súas ideas correctas
os seus pensamentos atinados
os sentimentos funcionais
a súa vida “útil”
Teimaban, no seu veneno, os profetas da perenne verdade
E todo seguía igual que sempre, a pesares de todo :
O seu amor dubidaba
A súa rabia seguía confusa
O seu desexo, sen muller concreta
E a súa ansiedade, na corda frouxa da incertidume
atopou novos nomes para vellas doutrinas.
2 comentários:
a perenne verdade, que paradoja.
"Cambio, luego soy la verdad"
Bernardo Atxaga
Postar um comentário