Apareceron de novo
os arquitectos de cavernas
coa súa retórica macabra
expulsando odio polas veas
Non teñas medo
Non te escondas
Non pagues coa súa moeda
Non deixes de ollar o mundo
coa irreverencia do neno rebelde
Non deixes de resultar arrogante
perante a humilde hipocresía do odio
Non deixes de amar coa tenrura
dun vello cascarrabias
Non deixes de sentirte libre
digno
noble
recto
e xusto
Non teñas medo ao desexo
Non pretendas agradar a unha maioría
Non separes as túas palabras do corpo
Non trivialices a dor do "outro"
Non te enganes con finales felices
Todo está comezando de novo
a cada segundo
a cada minuto
a cada hora
a cada semana
a cada ano
Todo está comezando de novo
o seu odio
e o teu amor
o seu medo
e o teu desexo
Todo está comezando de novo
non descansarás
na compracencia
das últimas palabras
2 comentários:
Diego.
Tanto este como o seguinte parecêrom-me dous poemas de formosa feiçom, especialmente este que comento agora che.
Y el mundo seguía girando / a pesar de todo
Y nadie sabía hacia donde
pero giraba / giraba / giraba
Postar um comentário