Pesquisar este blog

quinta-feira, abril 19, 2012

Santa Compaña

Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.

(Federico García Lorca)




Pastoreando recordos

coma se fose nos prados

pretendo buscar o infinito

rebuscando nos tempos pasados.

Sorpréndome facendo propaganda

coma se fose unha campaña

son tantos e tan variados

mais sempre se repite a compaña...

....Santa Compaña!

Montañas que parecen tocar ceo

regatos e ríos ben formados,

carballos e muíños ás beiras

a natureza é paixón en todos lados.

Os parques na florida primavera

e mesmo cemiterios visitando

pedras, cruces e cruceiros

con anxelicais voces entoando...

...Santa Compaña!

Outrora...

vexo días escuros, noites en branco,

todos os camiños van mollados,

con ollos húmidos por luceiros

sentimentos profundos, enturbados.

Miro pola fiestra

vexo a través dos cristais

polos que lento e (des)esperando

decorren recordos lacrimais...

...Santa Compaña!


E hoxe -aínda que segue chovendo-

en acto de "auto-consolatio" engado:

NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA


N.B.: A consolación ou discurso de consolo é un xénero literario-filosófico da oratoria ceremonial antiga grecolatina, usado para calmar aos familiares dun falecido nun funeral.

N.B.2: Ás veces é mellor enterrar sentimentos ca pensar en Santas Compañas que xa non o son inda que o seu espectro siga existindo.

Um comentário:

J Cima D Vila disse...

Si, as veces cómpre seguir en busca de novas utopías ata que prende a mecha de novo. Mas que difícil erguermonos do barro...