Pesquisar este blog

segunda-feira, abril 30, 2012

LITOGRAFÍA


Recordo o pasado

con
cada
trazo
de
escritura.
Hoxe
nin con
sorrisos cómplices,
estou das circunstancias
á
altura.

Din que todos os recordos
se van,
paseniño,
esquecendo,
eu quero ben de preto,
seguilos sen parar, tecendo.

Para tentar conseguir o sentir
do campo
ou da natureza,
só me queda
poñerme a escribir,
do común
que se torna
en rareza.


Amainou a tormenta,
puxen orde ao sentimento
mais aínda sego nun tormento.

Tic-ti-ti                        Tic-ti-ti

Recórdote por minutos sen verte
tódalas músicas soan igual,
todas me levan ao mesmo caudal.

Tic-ti                           Tic-ti

Ruído das augas dun río
cas sonoras pedras ao chocar,
parece que a todos se fan escoitar.

Tic-                             Tic-

Verdes plantas ao seu lado
parecen pola corrente arrastradas.
Mais están ben amarradas.

...                                ...

Xa se vía vir o temporal
era todo ultimamente in-tenso.
O próximo desastre era propenso.

Paixóns, pedras e plantas
arrastradas pola corrente.
E quedamos nus de repente.

Decido facerme planta
de litografía rodearme,
E así tentar expresarme.

Porque moitas veces
falan máis, do monte, as penas
cá algunhas voces por docenas.

Eu só precisaba
mainamente desafogar,
e así os tormentos litografiar.

Porque a natureza é sabia,
eu quixera dela copiar.
Só así me poderei salvar:

Pedras con frouma e plantas,
verde esperanzador, natureza,
a que me rodea, sen maleza.


3 comentários:

Jorge CimadeVila disse...

Semelha-me que fas um caminho da tristeça esperança, um bom caminho polo que vejo, pois soio o verde da primavera o sangue altera! :D

Antón Mixiriqueiro disse...

P A R A B E N S !!! (prestoume)

Evinha disse...

Caminhos com pedras, mais caminhos ao fin. Isso quer dizer que seguimos andando...Ogalhá voltará pra quedar-se o verde primavera!