Pesquisar este blog

domingo, outubro 14, 2012

DE CASTANHAS E CASTANHAÇOS I I

“Dende os tempos máis remotos, Galicia foi castañeira. Nas
iadeiras dos outeiros nosos, e nos vales, medraba o castiñeiro ou castiro, coa
sua grande copa románica, coa flor no primeiro verán que chaman recandeo.
(...)
Cando pasou o vareo e caen as primeiras follas secas do castiñeiro, o seu
destino é un destino humán e galego: “caen na terra e podrecen axiña,
mixturándose a ela. Pro os froitos son sabrosos e teñen unha dozura que lles
é mui propia”. Álvaro Cunqueiro.
 



Vém asomando o outono
dos magustos
anegando-me a pel
coma cancro que se estende.
Loita cara o exterminio da raçom.

Medo de que as castanhas
traiam envoltas o sabor da nostalgia
no ouriço,
espinha e tacto na simultaneidade
dum corpo.

Aquel outono fora primavera.
As castanhas vinham em cucurucho,
asadas e já peladas,
dispostas pra saciarmo-nos
da fame dos beijos da doçura.

Nenhum comentário: