Pesquisar este blog

domingo, outubro 28, 2012

RE-MUINHOS NOCTÁMBULOS


Ontem parecia
tocar o ceo dende
abaixo
descobrindo
o olho do muinho
e o inferno,
aí onde os abovedados
som porta cara fóra
pra que a água decorra.

Hoje o inferno
parece cantiga
antes de descobrir
do muinho súas partes:
"No inferno há umha festa,
que ha fam os condenados..."
 Pechemos os olhos
pra que volte a semana
caótica de espídica
facendo xirar ao xeito a moa
e remate este domingo
no Averno do recordo.




N.B. A zona do muiño onde vai o rodicio chamase inferno, realmente é por onde sae a auga a gran presión e choca coas penlas do rodicio, facendo xirar deste xeito a moa, que realmente é a que tritura.

Nenhum comentário: