Pesquisar este blog

quarta-feira, outubro 03, 2012

IRMÁNS AFRICÁNS




A lúa hoxe, chea, que aluma dende o alto
como querendo quitarlle brillo
á pedra da muralla,
parece tamén, por outra banda,
quererme susurrar un tal segredo ao ouvido
con esa cara fachendosa que me pon,
de laranxa na fonte
e limón atrás dela.

Eu respóstolle á suposta petición
cun arqueo de cella e unha mirada tenra,
de sorriso roubado
ao neno tímido que balbucea os primeiros sons,
segura de que ela me entende.

Fica inaugurado con esta nosa conversa
un novo S. Froilán noutro outono máis
e con el todos os ollos brancos de lúa chea
encadrados en galleta de chocolate,
irmáns angolanos ou de onde queira que sexan
co seu eterno sorriso por bandeira,
diamante de alba lúa estea ésta ou non chea.

Nenhum comentário: