Pesquisar este blog

quarta-feira, outubro 31, 2012

NADAS DE NOBRE ESTIRPE

A Pilar D., minha amiga, 
muller sentida e gaiteira.


 

Fomos masa feita
de boa materia prima,
nobile genere natus
no noso ablativo de orixe,
desas mulleres fortes
e espelidas até o infinito
que ergueron o fogar
no que nos criamos
e do que elas sempre foron
lume de lareira
ao redor do cal se quentaban
todos os demais.

Forza infinda e vital
a do lume,
acendendo das cinsas
unha e outra vez
como se non houbese
queimadura consumida
nen cansanzo acumulado de
muller.

Tamén pra nós
há de chegar o día de fogueira sermos,
de atravesar un paso canadiense
dende esta nosa beira
e facer esvarar  nela
a todos os becerros
que ousen cruzar a fronteira
do noso reservado e sentido sentimento.

Paceremos daquela ledas,
lúcidas,
dende esta nosa beira,
coma as vacas ben mantidas
nos pastos comunais
que levan cara Mondoñedo
no final da vista.

Alá toparemos por fin
a Merlín e familia
pra beillar unha muinheira
ou un agarrado
en lume de repichoqueada foliada.

E honraremos a masa da que fomos feitas.











Nenhum comentário: