Pesquisar este blog

segunda-feira, dezembro 31, 2012

CONXURO DE FIN DE ANO



“Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
si e verdade que tendes mais poder que a humana xente,
eiquí e agora,
facede cos espritos dos amigos que están fóra,
participen con nós desta queimada”.




Sentir a felicidade da terra
envolta en música
coa queimada por bandeira
e o lume por estatuto.
A brebaxe que fai a xente sentada en círculo
participando da festa
convírtese en força superior: terra, ar e mar.
Xunto todo, flota a música.
O conxuro somos nós.
Luces apagadas nun ambiente acceso,
a iluminación provén do lume da queimada
e das nossas voces.
Somos luz, as voces, espranza,
conxuro co que disipar oscuridades.
Por un aninovo venturoso e luminoso!

Nenhum comentário: