Pesquisar este blog

sexta-feira, junho 26, 2009

Além modernismo

A Antom, afiador senlheiro dumhas fouces que sempre forom nossas. Nós S.Ó.S

A noite, o monte e máis eu.
O silêncio, os grilos, o lameiro.
O verám, a noite máis longa,
O día máis frío e o sol.
A ribeira e o trem.
A intempérie, os olhos e o medo.
a gente, os berros, a orquestra.
Os nenos, varilhas, os bailes.

Eu, o monte e máis a noite.
O lameiro, os grilos, o silêncio.
O sol e o día máis frío,
a noite máis longa, o verám.
O trem e a ribeira.
O medo, os olhos e a intémperie.
A orquestra, os berros e a gente.
Os bailes, varilhas e os nenos.

Máis um, máis dous, máis tres.
Seis.
Máis quatro, máis cinco, máis seis.
Quince.
E um, máis um, máis um.
Tres:
Ronquidos, galos, ladridos.
O trem, o chiflo do trem, os grilos.
-Ás néboas, o ceo, as estrelas-
Os sonhos de Areas,
A tinta das mans.
Os tojos -e o cola cao- da manhá fresca:
Aquela.
O monte, a noite - hoje- e máis eu.


Um comentário:

O Garcia do Outeiro disse...

Muito obrigado! Gostei do poema que vai enlaçando os versos com os jogos de palavras que se poderia tomar como umha réplica ao "pós-medernismo" que deixei em dias passados. Muito obrigado