Pesquisar este blog

segunda-feira, junho 14, 2010

Medo

Medo de non terte
medo de non amar
medo de soidade infinda
medo da besta en min
medo do medo

Nacín no medo
crecín no medo

No medo do teu amor
no medo de futuro incerto
no medo do inefábel sen nome
no medo de recoñecer o infindo
no medo de non ser nada

Medo....

Medo de non gañarte a partida
medo de amor tenro e fráxil

----

No meu país, veu primeiro o exterminio
veu despois o medo
e logo quedouse o auto-odio
e tamén, si, o medo

Despois de decenios de fascismo
democracia secuestrada
e memoria silenciada

¿Seremos capaces dun acto de liberdade?

6 comentários:

Bolboreteira disse...

Boa pregunta final!
Eu espero que a resposta sexa si.
Ainda que nos pensemos libres..estamos atados por fios invisibles que nos mesmos tecemos.
un bico

O rumor do vento disse...

Gracias por comentar o meu poema.

Estou famento de amor, ¿importaríache darme algo?

:*

Anônimo disse...

Os actos de liberdade fam-se, nom se pidem.
Havia umha cançom de Jorge Drexler que dizia algo así como "cada um dá o que recibe, e logo recibe o que dá" Drexler era, polo menos antes quando o seguia com máis asudiudade um poeta fabulosso.

Um saúdo

O rumor do vento disse...

E para facelos... hay que quere facelos.

Parece sinxelo, mais non o é.

O rumor do vento disse...

Fe de erratas : haI que querer facelos

Glups...

AFP disse...

Gostei do poema tando deste como da sua continuaçom (Medo 2).