Pesquisar este blog

terça-feira, junho 08, 2010

Quizais

Mollade as barbas
en soños de ouro e sangue

Voltade logo ás vosas casas
contade a batalla aos vosos fillos

Vestídeos coas vosas medallas
faládelles de mel e gloria
da emoción do combate
e dunha morte honorable

Quizais serán algo no futuro
despois de mortos
co seu nicho esculpido en mármore
e o seu nome gravado en letras de ouro

Quizais os seus osos xazan
xunto a centos de miles de incautos

Mais só serán cifras
nos futuros libros de historia
e só serán odio
ao outro lado da fronteira

Um comentário:

Heutor disse...

Tá bom, acho que é necessário este tipo de composiçons, espertar o cidadam que cada pessoa tem em si. O tom antiépico rompe-se na última estrofe dando passo a umha clara tonalidade lírica. Mui interesante