Pesquisar este blog

sexta-feira, junho 08, 2012

De moras e moradas



Caracteres,
incluídos os espazos,
un ao lado do outro
-ben xuntiños-
puntos calcetados
dunha manta,
que nos agochaba
no sofá, ben quentiños.

- Aliméntome de sopa tentando quitar a friaxe -

Bate forte
o meu corazón
que as miñas
pálpebras non,
deixo caer bágoas
a cachón
mais non atopo
liberación.

- É unha pescada que se morde a cola -

Pola comisura
dos beizos
absorbo
a miña auga con sal,
e dende
que a volto tragar
xa estou
no mesmo silveiral.

- Podería alimentarme de moras -

De moras e moradas,
a do corazón
é a dos amigos,
sabes que podes
voltar sen de-mora,
pois es ti un ser
dos moi ben queridos.

- Tamén os recordos moran (alimentan) no noso corazón –


Nenhum comentário: