Onde cae unha nube de vapor
Onde soben as de algodón
Onde mollan as palmas das mans
e secan os beizos con sal.
Es coma unha nube, ilusoria,
Non te deixas abrazar
nin queres ser cama nin colchón.
As arelas dos namorados de amor
teces e desteces sen compaixón.
Aquí, sentados a mirar aos carros
pasar
é máis fácil perder os ollos cara o
teu carón
aterecer co frío nestes días de
calor.
Pero ti es pura toda nube de vapor
en ti todo o atravesa e nada permanece.
Os invitados a esta festa só beben
Os bailes desta música son sós e
románticos
cun mesmo tal artista devorando partes
de sí
desde cataratas ou mesmo acantilados.
Non valen pois os versos sen raios e
circuncisión.
Nenhum comentário:
Postar um comentário