Sentado sobre si mesmo
nun cepo diante da casa
mira as leiras, os eidos todos,
e tece un tesouro coa mirada.
Súas mans retortas polo tempo
seus ollos secos polo vento
súa fronte despexada pola idade.
El abaneado pola historia e súas vainas.
Federico, unha luz brilla en tí
tí sabes que inda somos algo.
Aberto sobre sí alguén o mira
pensa nel un segundo e medio
e conclúe a historia da súa vida.
Foi esto, fixo aquelo, rompeu estoutro.
A este lle a aquela lle debe
o primor do seu contento
mais non corresponde como debera.
Non é digno da súa pedra.
Federico, una luz en tí brilla
somos algo que inda tí sabes.
As súas leiras son as brétemas
o seu pan o sol amencido na ribeira
o seu corazón os regos da auga
onde desemboca un boca plantou
as súas vaguidades.
Nada deso permanece neste mundo
hasta a nada polos outros lle é negada.
Federico, ti sabes mellor que ninguén
que non hai nada e da nada somos o imperio.
Nenhum comentário:
Postar um comentário