Pesquisar este blog

sábado, agosto 11, 2012

Pena heroica bombardeada


Eu tamén soñei cos teus ollos na noite
Eran hipnóticos, eran fixos, eran de moitos colores
Podía ver a través deles
Ardores de peito que non se encerran
Nunha cela de Excel.
Eles falában moito máis cas verbas.

Eu tamén soñei que soñaba realidades
Esperanzas de Pandora que buscaban camiños longos
Portas de orfanatos que non querían ter orfos
E o final chaves perdidas,
palabras que non se din
que se deberían dicir aínda que non se digan.

Eu tamén oín de ti falar nos soños
Só ti tiñas a nube quintón
Só ti sabías que amar non é delito
E o final palabras que se perdían
Amarguras de augardente bailando polas esquinas.

Nenhum comentário: