Pesquisar este blog

quinta-feira, agosto 23, 2012

Da desesperación


Só me quedan noites
Só vivo nelas desque o día se foi
E viñeron os corvos llas pegas
A cebarse no meu cadáver.
Neves de inverno me aterecen por horas
Gacelas de colmillos afiados me morden
Abelliñas de flor en flor me alivian veleno.
E só, na noite, son capaz de estar esperto
Que o día me rouba a sede que teño de vivir.
Fican para min mil e unha noites
Todas nelas vou e veño coma quen nace e morre.
Nacemos e na noite morremos
Esiximos, soñamos, o día llo amencer
Dozura de amenceres que non chegarán
Dozura é o teu nome que mata e tortura.
Quen en ti perderá o seus soños e os verá nacer
Pan sementado no tempo de colleitar.
Só me quedan noites
Noites habito aínda
Soños que veñen de pegas cubertos.

Um comentário:

Evinha disse...

"Dans les pas du désert
Une ombre nous aveugle
Nous sombrons
Sans savoir si sombrer
Était le seul sentier de notre solitude".

"Nos pasos do deserto
Unha sombra céganos
Zozobramos
Ignorando se zozobrar
Fose a única vía da nosa solitude".

Versos esperanzadores de François Vigneault. Convencerse de que hai vías alternativas é o comezo de novos vieiros pra non morrer na zozobra...