Pesquisar este blog

quinta-feira, setembro 27, 2012

DESMESURA


Nom serei nunca mesura
na pel que habito,
de maratons e indigestions.
Pode entender-se deste jeito
a dor extrema que me sacode
cando o contakilómetros
passa de zero a cem
á velocidade da luz
envolta em estrela fugaz.

Como atopar-lhe explicaçom
a semelhante desmesura
coa lentitude á que despois
trabalha o pensamento
dando ordes ás articulaçons
e á vida que passa, voando,
case que sem eu ve-la e
sem tempo a pensar no que foi
pra ver o que vai ser?
Como atopar-lha? Como?

2 comentários:

Anônimo disse...

"A virtude está no termo medio", disque... Cando deamos co equilibrio seremos almas en paz!

Unha aperta forte, miña artista!

Evinha disse...

Dis ti? Eu case que xa non acredito no equilibrio mais cá pra facer malabarismos de circo nunha corda frouxa porque o que é máis por dentro véxoo cru...
Consólome pensando en que sempre quedarán roncos e teclas que nos axuden a topar esa paz! Eso sí!!! ;)