Pesquisar este blog

quinta-feira, setembro 13, 2012

VIAXE DE BRÉTEMA E LUZ

Por Montesalgueiro abaixo
a brétema era densa, escura,
ata chegar ao faro pé do mar
que seguía alumeando, intacto,
coa luz de sempre.

Non había treboada algunha
que apagase o facho da ilusión.
Que gran luceiro a seguir!

Reflexada na súa cara,
unha lámpada halóxena
de baixo consumo,
fundida as máis das veces,
sem electrotécnico que
atopase onde estaba
o erro do circuito. Escuridade
no día claro.

Nenhum comentário: