Gosto de ti
con esa pel de pelusilla a medio caminho
entre a grima e a suavidade da tenrura.
Tamén pola túa cor,
verde leira espranza ou
vermello mapoula vergonhento
segundo o grao de maduración.
Gosto de ti
arrincándoche a carne a mordiscos
nos que te saboreo con intensidade
cal auga de mar tragada nunha onda.
Gosto de ti
salivando ao mastigar
cando se che comeza a ver
o centro medio pelado
e enrugado perdendo partes de si,
da túa integridade física.
Gosto de ti
e déixote cando ficas nú e
descolgado da árbore
que suxeitaba a túa razón de ser froita.
Ao próximo amante chamareino pexego.
Nenhum comentário:
Postar um comentário