Pesquisar este blog

segunda-feira, junho 18, 2012

Salmo 4




Baixen voçes a velo cos seus ollos
abandonen os seus palacios de porcelana
e observen a miseria que emana
do po da terra.

Baixen voçes a sentilo coa súa pel
incendien as súas grandes propiedades
e observen cómo entre o fume
nace un mundo novo
gritando de dor entre as cinzas.

Baixen voçes dos seus pedestais
soltando lastre
ao seu vacuo narcisismo.

Cando menos o esperen
estarán saloucando de pena en silencio
rumiando unha soedade absurda
entre a pel de mulleres
que só son corpo
e os ocos afagos de amigos
que só son máscara.

Baixen, dunha vez, do reino das superficies
arranquen a anacos a pel
da medoñenta ilusao
que constrúen sobre a vida
e sobre voçes mesmos.

Diego Taboada; 2 Xuño 2012.









2 comentários:

Evinha disse...

Ficasse ótimo ou nom, dos 5, foi do que máis gostei! ;)

O rumor do vento disse...

"Afinidades electivas". :P

:*

Beijo.